Carlos Xavier Ares: "No Entroido o home oficia, dentro da máscara, o rol do animal imitando os seus sons e andares"
Carlos Xavier Ares: "No Entroido o home oficia, dentro da máscara, o rol do animal imitando os seus sons e andares"
No libro catalóganse e dáse conta da simboloxía, das referencias históricas e mitolóxicas dos animais no Entroido galego
Os animais participan en todos os ritos do ciclo de entroido, ritos propiciatorios, de rivalidade, esconxuradores ou de inversión
Este animalario da conta da presenza de 17 animais que aparecen na escena espazo temporal do Entroido das catro provincias
"Catro cousas hai en Laza, non as hai en toda a terra: peliqueiros, maragatos, as formigas e a morena". Neste Luns Borralleiro, en Laza baixa a morena e voan as formigas. Porque nos rituais de Entroido os bechos e as bestas son protagonistas.
Hoxe falamos deles co investigador e antropólogo Carlos Xabier Ares Pérez autor deste libro: O animalario do Entroido galego. Mito e tradición, editado por Ab Origine. Vacas, touros, galos, formigas, carneiros, cervos, osos, mulas, cabalos e outros moito animais reais, imaxinados ou convertidos en máscaras saen aos camiños para celebrar a fin do inverno cos humanos.