Publicador de contidos

Publicador de contidos

'En el norte hay un mar...', unha mostra que vai máis aló do Oroza hermético e estereotipado

'En el norte hay un mar...', unha mostra que vai máis aló do Oroza hermético e estereotipado

En el norte hay un mar... propón un achegamento íntimo á figura do poeta máis alá do mito, do tópico e da anécdota

A mostra, achéganos aspectos inéditos da vida e da obra: a súa faceta de pintor e debuxante, artigos, bosquexos, ou a foto da súa voda

En el norte hay un mar... Carlos Oroza, mostra aberta no Museo do Mar Galicia 

Carlos Vilas e Antonio Chaves, comisarios da mostra 'En el norte hay un mar...Carlos Oroza'
G24.gal 14/12/2023 15:13 Última actualización 14/12/2023 17:12

"Aquela tarde viña camiñando e acontecía comón columpio en gravedá fendía a vida e sangraba a paisaxe".

Estes son versos de O berro, un poema en galego de Carlos Oroza, que aparecía na Antoloxía de poesía gallega, de Manuel Catoria en 1972.  O poema era unha versión en galego de El grito más hondo que fixera o seu amigo Uxío Novoneyra.

Todos estes detalles, as historias, os lugares, os libros, as fotos, os amigos e ata os amores de Carlos Oroza están na exposición En el norte hay un mar..., do Museo do Mar, en Vigo comisariada por dous amigos e colaboradores do rapsodo, Antonio Chaves e Carlos Vilas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade