Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Negro: "Vivir ou pensar foi o gran dilema de Luísa Villalta"

Carlos Negro: "Vivir ou pensar foi o gran dilema de Luísa Villalta"

A poesía reunida (Ed. Galaxia) testemuña a conciencia filosófica e a reflexión sobre o acto creativo da poeta

Retrato descarnado da parte da cidade que ninguén quere ver en Papagaio, o seu libro póstumo

O outro lado da música, a poesía, unha viaxe histórica entre clásicos da poesía e a música galega

G24.gal 06/02/2024 13:33 Última actualización 06/02/2024 16:43

O colaborador literario Carlos Negro escolma tres das últimas publicacións arredor de Luísa Villalta, a escritora homenaxeada este ano o Días das Letras Galegas. 

A editorial Galaxia reúne toda a súa poesía nunha antoloxía a cargo de Armando Requeixo baixo o título Pensar é escuro e tamén reedita o ensaio O outro lado da música, a poesía, un ensaio editado no seu momento por A Nosa Terra. Por outra banda Laiovento tamén saca a luz Papagaio, un libro conxunto entre Maribel Longueira e Luísa Villalta, unha crónica fotográfico-poética da transformación dese barrio coruñés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade