Cargando resultados...
Carlos L. Bernárdez: "Laxeiro modula a súa obra conectado co expresionismo en Bos Aires"
Despois de inaugurarse en Lalín e viaxar a Madrid a exposición Foi un home está en Santiago e irá despois a París
O artista integrouse en Bos Aires na comunidade intelectual galega do exilio e tamén cos artistas internacionais
Laxeiro
G24.gal
16/10/2022 11:30
Nos anos 50, Laxeiro foi a Bos Aires para unha exposición e acabou por quedar alí a vivir vinte anos, entre a prolífica cultura galega do exilio arxentino e o puxante panorama de artistas internacionais.
En pleno Ano Laxeiro, a exposición Foi un home recupera ese período do artista renovador da pintura galega do século XX.