Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brassica Rapa, Os Vacalouras e Caamaño e Ameixeiras coas Tanxugueiras, nas músicas do 'Zigzag'

Brassica Rapa, Os Vacalouras e Caamaño e Ameixeiras coas Tanxugueiras, nas músicas do 'Zigzag'

Brassica Rapa compite no festival de Cans co videoclip 'Greleighteis'

Os Vacalouras pasan da apocalipse en 'Cantiga de morte e destrución'

A reinterpretación das cantigas populares de Caamaño e Ameixeiras coas Tanxugueiras

G24.gal 14/05/2025 14:03 Última actualización 14/05/2025 16:54

Brassica Rapa compiten os mellor videoclip no festival de Cans co video 'Greleighteis', no que fusionan dous clásicos dos oitenta África do grupo Totó e What a Feeling de Irene Cara. O vídeo quere render homenaxe a todas as mulleres que abriron camiños de liberdade para que nós os transitemos.

Para Os Vacalouras a destrución do planeta e a total aniquilación da especie humana non supoñen maior trauma, sempre podería ser peor.  De feito, o retrouso da 'Cantiga de morte e destrución' expón a felicidade de estar coa xente querida mentres o mundo enteiro colapsa de forma terrible. 

Caamaño e Ameixeiras e as Tanxugueiras unen forzas en 'Ghatiña mansa', un tema que se afasta do concepto do amor romántico e que rende homenaxe ás cantareiras e pandeireteiras que dignificaron, resignificaron e mantiveron viva a tradición oral galega.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade