Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Boticaria confinada": Unha homenaxe á profesión farmacéutica polo compromiso

"Boticaria confinada": Unha homenaxe á profesión farmacéutica polo compromiso

G24.gal 11/12/2021 13:04

Unha profesión tan importante para a sociedade durante esta pandemia como é a dos e a das farmacéuticas é a protagonista dun libro de relatos que se acaba de presentar ao público: "Boticaria confinada".

Hai dez anos que Raquel traballa nesta farmacia en Lugo. Ademais da súa profesión, dende pequena encántalle escribir polo que se anotou a un curso para aprender a facelo dun xeito máis estruturado.

Así naceu o seu primeiro libro, "Boticaria de puebo", un éxito editorial que se presentou en plena pandemia. E precisamente, a pandemia, o confinamento, foi a fonte da que bebeu o segundo libro de Raquel, Boticaria confinada, unha escolma de anécdotas e unha revisión do quilometro cero da pandemia.

Co humor que dá a perspectiva, Raquel lembra anécdotas que se viviron na farmacia.

Malia o humor, con este libro Raquel quixo subliñar a importancia das farmacias no confinamento e homenaxea a uns establecementos que abriron as portas durante todos os días da pandemia.

 



 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos