Cargando resultados...
Berto e Marinha publican novo EP: "Bailando lento podes superar a tristeza"
O novo EP de Berto Bailar chikito sae o próximo venres 25
A voz de Marinha acompáñao en temas como O teu mandil
O 31 de marzo presentará este novo traballo, na Sala Capitol
G24.gal
22/03/2022 16:27
Berto, antes no dúo compostelán Verto, publica este venres o seu novo traballo, un EP chamado Bailar chikito en que o acompaña a vocalista Marinha. Un traballo no que atopamos bachata, flamenco e ritmos urbanos.