Cargando resultados...
A Banda da Loba: "Os lavadoiros eran espazos de verdadeira insubmisión para as mulleres"
A banda da loba estrea o disco 'Xabón Lagarta', o terceiro na súa traxectoria
Están en concerto o 14 de maio nas Pontes e o 16, en Compostela
Andrea Porto e Xiana Lastra, da Banda da Loba
G24.gal
08/05/2022 11:30
A Banda da Loba está de estrea: 'Cobiza' é o primeiro videoclip do novo traballo: 'Xabón Lagarta'. Un disco que reivindica os lavadoiros como espazos de liberdade e confidencia das mulleres. Nel hai composicións propias e letras inspiradas nos poemarios de escritoras clásicas e contemporáneas.