Baldur Brönnimann: "Hai que derrubar as barreiras invisibles que afastan o público dunha experiencia única"
Baldur Brönnimann: "Hai que derrubar as barreiras invisibles que afastan o público dunha experiencia única"
Mañá a Real Filharmonía emprende a era Brönnimann
O suízo é o cuarto director nos 37 anos da historia da orquestra
O programa é segreto e a entrada, a prezo popular, inclúe un viño
Mañá, Bardur Brönnemann inicia a súa andaina como director titular da Real Filharmonía de Galicia. Cun repertorio secreto, este primeiro concerto quere debuxar os vieiros que vai percorrer a orquestra na vindeira tempada: explorar novos formatos de concerto e establecer un diálogo entre os clásicos e a música do noso tempo, para anovar a experiencia única de sentarse nunha butaca e deixarse levar pola maxia da música. Animádevos, vai ser un concerto popular, a cinco euros a entrada e cun viño para celebralo.