Publicador de contidos

Publicador de contidos

Documental 'Axudádeme a cantar': a música tradicional reivindícase como literatura oral

Documental 'Axudádeme a cantar': a música tradicional reivindícase como literatura oral

Axudádeme a cantar, unha serie documental que mostra e reivindica o canto acompañado con percusión de man

Os seis capítulos percorren a historia e o presente deste tipo de literatura oral sostida por mulleres

As protagonistas son as tocadoras tradicionais, as divulgadoras e as artistas modernas que beben da tradición

Carme López e Reneé de Palma, codirectoras da serie documental
G24.gal 14/02/2023 15:56

Axudádeme a cantare mozas da miña aldea, axudádeme a cantar se no vou enrouquecere. 

Cantas veces se cantaría ese verso? Hai moitas variantes, unha delas dá título a un documental en seis capitulos que xa podedes ver na páxina do Consello da Cultura Galega. Dirixido por Carme López, Reneé de Palma e Xulia Feixoo, a intencion é poñer en valor o canto con percusión que durante anos formou parte da vida cotiá das aldeas e vilas galegas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade