Cargando resultados...
#ApuntamentoLusófono 55 Maxia e historia #DígochoEu
G24.gal
15/10/2022 10:00
Esther e Rodrigo conversaron con Dani Polo, mago e organizador das galas 'Galicia Ilusiona' que percorreron o país nas últimas semanas. E Esther deixou a Rodrigo abraiado cun truco de maxia. #DígochoEu
O programa tamén recibiu a visita do historiador Víctor Fernández, que nos falou dunha banda deseñada sobre a historia de Galicia e do norte de Portugal que podes descargar gratis en eixoatlantico.com.
Ah! E non podían faltar os falsos amigos no programa: desta vez cos 'escritorios' e as 'secretarias', o 'cio' e o 'celo'...