Cargando resultados...
Álvaro Negro: "A pintura non admite a reprodución, a experiencia real está no cara a cara"
'Traza' reúne pezas inéditas pintadas nos últimos meses e que evocan as primeiras obras de Álvaro Negro
As obras recordan a unha tradición da pintura occidental tan irmandada como a italiana e a española
María de la Vega elaborou o texto dun libro de artista da mostra que se vai presentar no ArtsLibris Arco
G24.gal
17/01/2023 16:24
Texturas, paletas cromáticas, materia pictórica, releves, obxectos con códigos doutras épocas e artistas, doutros lugares, de Roma ata Lalín, que foron deixando trazas e trazos nestas pezas inéditas de Álvaro Negro que se expoñen na Galería Vilaseco da Coruña. Con referencias a Giotto ou Lorenzo Lotto, Traza é unha volta á pintura dos comezos de Álvaro Negro.