Alarido, Breogán Xague e Doctor Explosión, nas músicas do 'ZigZag'
Alarido, Breogán Xague e Doctor Explosión, nas músicas do 'ZigZag'
Alarido prepara material para este outono e ten concerto en Compostela
Breogán Xague, cancións contra os estereotipos da morriña
Doctor Explosión levará a Julio Iglesias ao "garaxe" en Live the Roof
Alarido, antes Alarido Mongólico, ´r un dúo de pop electrónico que tanto beben do techno gabber como do humor irreverente de Ricky Gervais. Un fenómeno de masas nos Países Baixos que ofrecerá en Compostela un directo no que todo pode pasar, como é marca da casa.
Breogán Xague, dende Estocolmo, fai un hip hop experimental enque teñen cabida a música de raíz e referentes como Fuxan os ventos. Publicou Xague 2, a segunda parte da súa triloxía sobre a emigración.
Doctor Explosión, en directo este xoves en Compostela, traerá a súa descarga de garaxe e rock and roll guitarreiro. Entre as súas últimas"atrocidades", unha versión de Soy un truhán soy un señor, mesturada co I am a man, de Bo Diddley. Unha mestura totalmente adictiva.