Adeus a Piti Sanz
Como creador de bandas sonoras gañou catro premios Mestre Mateo e no teatro conseguía tres galardóns María Casares á mellor música orixinal
Foi cofundador do grupo Sindikato Agrario e Los Contentos, e tocou con bandas míticas como Los Enemigos, Siniestro Total e Os Resentidos
Piti Sanz nacera en Huelva, pero foi en Lugo onde se criou e onde se iniciou no rock
Foi moi querido por todos os seus compañeiros no teatro e no audiovisual, e tamén polos músicos que compartiron escenario con el, como Los Contentos, o seu primeiro grupo, Os resentidos ou Luís Tosar en Di Elas. Recolleu o premio María Casares á mellor obra infantil este mesmo mes de abril. A súa vida sempre flutuou entre ser unha 'rockand roll star' e o seu compromiso como traballador a prol da cultura.