Abraham Cupeiro: "'Loira' fai apoloxía das minorías e do contraste entre rural e urbano da música dos emigrados"
Abraham Cupeiro: "'Loira' fai apoloxía das minorías e do contraste entre rural e urbano da música dos emigrados"
'Loira' lembra as viaxes da infancia no coche seu pai. Un traballo ecléctico no que se acompaña dun grupo reducido de músicos.
É un álbum máis introspectivo e menos épico que os anteriores. Unha mostra da súa mestizaxe musical.
Próxima data da xira de 'Loira': 6 de xuño no Teatro Colón, A Coruña
"'Loira' é un disco que me lembra as viaxes que facía de neno no coche do meu pai, onde o eclectismo musical penetrou no meu corazón".
Son palabras de coas que Abraham Cupeiro define o seu novo traballo discográfico. Di que este disco é probablemente o que mellor o define como artista. Dese logo un disco que sorprende e onde que podemos atopar un canto gaélico, unha canción de berce sefardí ou o cantar de arrieiro. Nesa viaxe están as lembranzas da nenez e unha cadela mestiza de nome Loira.
Vímolo en Balaídos facendo tremer o estadio e os seareiros tocando o seu inconfundible kárnix. Volveu encher os auditorios de Ourense, o Fuxan os ventos de Lugo, pasou por Pontevedra e hai tan só uns días, polo de Ferrol. Abraham Cupeiro está en xira co seu novo disco 'Loira'.