Cargando resultados...
Abel Alves: "Nesta desfeita de mundo no que vivimos meterlle humor ao búnker é un consolo"
En O búnker a fin do mundo é un dos problemas máis da vida doméstica de Anxo e Fina
O comiqueiro Abel Alves é tamén o creador de O segredo da serpe, A tumba de Breogán e Asalto ao tren de Glasgow
Humor retranqueiro e referencias pop nunha serie irreverente nacida durante o confinamento
G24.gal
17/09/2025 13:30
Última actualización 17/09/2025 16:45
Situámonos no salón de casa dunha parella, onde suceden cousas, mentres fóra da casa o mundo vive unha guerra nuclear. Ese é o punto de partida de O búnker, unha serie para Internet que estrea temporada piloto con moito humor, reflexións filosóficas e referencias pop 'made in Galicia'. Falamos co seu creador, Abel Alves, no corazón do barrio de Canido, en Ferrol.