Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		A rehabilitación do mosteiro de Oia, nunha mostra interactiva en Vigo
O Real Mosteiro de Oia, fundado no S.XII, é o único mosteiro cisterciense situado na costa atlántica
A mostra aberta en Vigo resume os 875 anos do Mosteiro de Oia e pon en valor o seu patrimonio histórico e artístico
Un documental aporta testemuñas de expertos, veciños e persoas que habitaron o mosteiro
                            G24.gal
                        
                            18/09/2024 14:42
                        
                        
                                Última actualización 18/09/2024 16:16
                        
                        
                    
                    Ata o 5 de outubro a sede viguesa de Afundación acolle 'Un mosteiro, un mar de historias', un proxecto que parte dunha iniciativa da Fundación Bretal.  É unha mostra multidisciplinar con actividades inmersivas que fai un percorrido polos máis dos oitocentos anos de historia do Real Mosteiro de Oia, abordando tamén o seu presente e o seu futuro como parte do patrimonio cultural e artístico galego. 
 
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
        