Publicador de contidos
Publicador de contidos

"A propiedade quere para o Deportivo un proxecto duradeiro e de canteira"

"A propiedade quere para o Deportivo un proxecto duradeiro e de canteira"

A presentación do director deportivo Fernando Soriano e do futuro conselleiro Carlos Ballesta serve para coñecer as novas liñas mestras do proxecto do Deportivo

G24.gal 07/07/2023 11:11

Había moito interese por escoitar a Fernando Soriano, novo director deportivo, e a Carlos Ballesta, proposto para o novo Consello de Aministración do Deportivo. Era a primeira aparición pública despois da derrota en Castelló e da revolución total que houbo no club neste último mes. 

Carlos Ballesta recoñeceu entender "a tristura do deportivismo. A propiedade transmite un proxecto importante e a longo prazo para levar o Deportivo ao sitio que lle corresponde", e tamén manifestou que ??️ "a canteira terá protagonismo".

Pola súa parte, Fernando Soriano anunciou que se decantou por outras opcións aínda que "De La Barrera estivo sobre a mesa". O seu obxectivo é reconducir "a situación de malestar da afección con humildade e traballo". 

Confirmou que Barcia será xogador do primeiro equipo, igual que Yeremay ou Trilli, e que deixarán fichas libres para deixarlle sitio a Mella, Ochoa ou Diego Gómez. 

Un que xa non vai estar é Orest Lebedenko, que deixa o club cunha oferta de fóra de España. 

A pretemporada comezará o día 17 de xullo cos recoñecementos médicos, e o club xa pechou seis dos oito amigables. O 29 de xullo contra o Fabril, o 2 de agosto contra o Arteixo, o 5 será o Teresa Herrera, o 8 contra o Vilalbés, o 10 contra o Compostela e o 15 contra a Ponferradina. Hai dúas datas en que se ultima rival: o 12 e o 19 de agosto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar