'Á procura da estrela', un filme metade ficción e metade 'road movie' na Serra da Estrela

Á procura da estrela, do vigués Carlos Martínez-Peñalver, participa este mes nos festivais de Porto e o Xixón.

 Vidas pasadas, de Celine Song, un melodrama sobre amores inacabados que evita todos os clixés do xénero

Saben aquell, de David Trueba, o biopic dos inicios de Eugenio: o cómico que acabou converténdose no referente do humor "seco" para toda unha xeración ávida do sorrir 
 

G24.gal 02/11/2023 14:55 Última actualización 02/11/2023 16:53

Begoña Vázquez traenos as novidades do mundo do cinema, como a estrea en festivais de Á procura da estrela, filme que Carlos Martínez-Peñalver filmou na Serra da Estrela, a montaña máis alta do Portugal peninsular.

Vidas pasadas, da directora debutante coreana Celine Song, é unha película simple e sinxela sobre unha historia de amor que perdura no tempo malia as distancias. Considérase a candidata ‘indie’ aos premios Óscar.

E chega tamén aos cines a nova película de David Trueba, sobre o humorista Eugenio: Saben aquell. O filme céntrase nos primeiros anos da carreira do cómico, a finais dos 60 cando España comezaba a saír da etapa máis gris do franquismo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade