Cargando resultados...
A presenza de Rosalía de Castro nas pantallas, con Martin Pawley
A protagonista de El espíritu de la colmena, de Víctor Erice, le un poema de Rosalía de Castro
Nos anos 70 foron moitas as producións de TVE baseadas en obras de Rosalía
Fotograma de 'La hija del mar'
G24.gal
23/02/2023 15:39
Hai moitas perspectivas para achegarnos a Rosalía. Mañá venres, a Casa da Cultura de Vilalba acolle unha charla do crítico de cine, Martin Pawley, sobre a presenza de Rosalía na pantalla, así a titula.
O século XX non deixou moita pegada nin da obra, nin da figura da nosa poeta e novelista e cando o fixo, foi chea dos tópicos que hoxe xa están desbotados. Rosalía segue a ser motivo de estudo e de rectificación e hoxe son moitas ás producións que actualizan a complexidade e o potencial desta autora adiantada ao seu tempo.