A música barroca invade Compostela
Festival Ateneo Barroco ata o 22 de outubro en diversos espazos de Santiago
A Capela Compostelá presenta un programa sobre "as encantadoras invasións" que viviu a música francesa no barroco, que se sentía ameazada pola extraordinaria vitalidade da música italiana
O Ateneo Barroco completa o panorama musical con filmes como The Quest for Tonewood, conferencias e mesmo un club de lectura coas escritoras Harriet Costable e Helena Atlee
Contrapuntos, fugas e ornamentacións volven a invadir a cidade de Santiago que dende maña celebra o Festival Ateneo Barroco.
Esta sétima edición subliña a importancia dos vellos instrumentos, e tamén da voz, a través de músicos galegos e internacionais como o clavecinista Keneth Weiss, a Capela Compostelá ou o guitarrista Enrike Solinis.