A 'Guía ilustrada do Entroido galego' acada o Premio Follas Novas 2026 como mellor iniciativa bibliográfica
A 'Guía ilustrada do Entroido galego' acada o Premio Follas Novas 2026 como mellor iniciativa bibliográfica
A obra, dos autores Xabier Domínguez, Alba de Evan e a ilustradora Iria Prol, está editado por Xerais
Este premio recoñece un proxecto que combina a divulgación cultural, o coidado estético e a vocación pedagóxica, sobre o patrimonio inmaterial galego, como son as celebracións do Entroido
A primeira Guía Ilustrada do Entroido Galego, editada este ano por Xerais conseguiu o premio Follas Novas á mellor iniciativa bibliográfica. Con vocación pedagóxica, detrás deste proxecto están os autores Alba de Evan e Xabier Domínguez, maila ilustradora Iria Prol.
A obra propón unha atractiva viaxe polos entroidos máis representativos de Galicia, explicando as súas orixes, personaxes e particularidades.
E aínda queda moito por descubrir das diferentes celebracións do Entroido galego.
Un libro coidado que achega a pequenos e maiores ao patrimonio imaterial de Galicia como é a festa do Entroido e que axuda a preservar e difundir a cultura propia.