Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roberto Pascual, sobre 'A cazola de Lola': "Os monicreques non sempre son para nenos nin en pequeno formato"

Roberto Pascual, sobre 'A cazola de Lola': "Os monicreques non sempre son para nenos nin en pequeno formato"

Roberto Pascual achéganos A última montaxe da veterana compañía de monicreques Tanxarina 

Unha peza moi simbólica que fala de novas oportunidades e aúna artesanía e innovación

No elenco, Tatán, Miguel Borines e Andrés Giráldez; na escenografía, Pastor e na música, Ailén Kendelman

G24.gal 25/01/2023 16:07

“Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caeulle un día enriba… Non se sabe moi ben por que. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes. E atópano raro… Ademais, o seu cazo complícalle a vida. Afortunadamente existen persoas marabillosas, só fai falta dar cunha delas. Este é o argumento dunha das últimas montaxes de Tanxarina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade