A arte en tempos de guerra, remata a Bienal de Pontevedra
Despois de 15 anos a Bienal volveu a 11 espazos da cidade para interrogarnos sobre as guerras inspirados polo filósofo Rob Riemen
Reuniron obras de máis de 60 artistas de 45 nacionalidades que reflexionan sobre os conflitos bélicos e a dor que provocan
A bienal rebordou o museo para derramarse polo Pazo da cultura, a fundacións RAC, o Convento de Santa Clara e performances de Artes Vivas espalláronse por toda a provincia
Quedan poucos días para visitar a Bienal en Pontevedra, que convocou máis de 60 artistas de 28 nacionalidades en 11 espazos da cidade para falar da guerra, das guerras.
Baixo o lema "Volver ser humanos ante a dor dos demais", a Bienal quere abrir unha fiestra á reflexión. A partir de mañá un seminario reúne filosofos como Rob Reimi, artistas como Emily Jacir e fotógrafos como o activista isrealí Miki Krats-man.