Cargando resultados...
Tres filmes galegos na Berlinale: 'Sica', 'Matria' e 'Samsara'
Matria de Álvaro Gago participa na sección Panorama da Berlinale
Sica, de Carla Subirana, verase na Sección Generation, e Samsara, de Lois Patiño en Encounters
G24.gal
16/02/2023 15:15
A edición número 73 do Festival de Cine de Berlín comeza hoxe con tripla presenza galega. Dúas producións participadas pola Televisión de Galicia como son Matria, de Álvaro Gago, e Sica, de Carla Subirana, e unha terceira dirixida polo vigués Lois Patiño, Samsara.