Cargando resultados...
Xosé Ballesteros: "Dende Galicia facemos libros para todos os mercados"
A editorial galega Kalandraka fai 25 anos publicando en sete linguas obras dos mellores autores galegos e estranxeiros
Mesturan diferentes artes: literatura, ilustración e música para estimular as capacidades dos lectores
Na canle Kalandraka TV hai vídeos, booktrailers e opinións de autores, librarías e bibliotecas
G24.gal
10/05/2023 15:00
Última actualización 10/05/2023 16:21
A editorial galega Kalandraka naceu hai vinte e cinco anos cun soño: que os nenos e nenas galegas tivesen nas súas mans os libros ilustrados máis fermosos na nosa lingua. Cumprírono.
Hoxe, un cuarto de século despois, publican en sete linguas, venden libros en países de todo o mundo, e hai uns días lanzaron ao mercado Cuatro lunas, un novo selo editorial para os adultos que os levan acompañando estes vinte e cinco anos.