Cargando resultados...
Ángel Rodríguez "Teño a sensación de que deixamos dous puntos no Vero Boquete"
O técnico do Pontevedra láiase do resultado ante o Compostela

G24.gal
23/01/2022 19:54
O derbi galego disputado no campo de San Lázaro rematou en táboas logo de noventa minutos moi competidos. Ningún dos dous conxuntos puido aproveitar o tropezo do líder Adarve e ambos continúan á mesma distancia da cabeza. O técnico do conxunto granate Ángel Rodríguez foi moi claro no pospartido.
"Viñemos a xogar ante un grande equipo, pero teño a sensación de que deixamos dous puntos. O normal é que nós, con sete ou oito ocasións, deamos marcado máis gol. Logo hai cousas que habería que avaliar en canto a decisións arbitrais, porque polo que vemos no vestiario, o que se pitou non reflicte o que pasou realmente".