Publicador de contidos

Ánxeles Vázquez: "Coa nova lei de áreas empresariais o tempo de implantación reducirase a 9 meses"

Ánxeles Vázquez: "Coa nova lei de áreas empresariais o tempo de implantación reducirase a 9 meses"

Dentro da lei van outros beneficios como as bonificacións por mercar solo empresarial, que pasan do 30 ao 50 %

Regúlase ademais a posibilidade de que poidan facer pagos aprazados

G24.gal 05/11/2021 10:10

Empurrón aos polígonos industriais: a Xunta impulsa unha lei para axilizar a implantación de empresas. A conselleira do Territorio reúnese coa Federación Galega de Parques Empresariais para explicarlle en que consiste.

Ánxeles Vázquez, nunha entrevista no informativo Bos días, manifestou que o obxectivo é simplificar os tempos e que se implanten en Galicia as empresas nas áreas  nun "tempo récord" sempre con todas as garantías dende o punto de vista medio ambientais e urbanístico. 

A consellería destacou que ata o de agora, o desenvolvemento dunha área empresarial era de 21 meses e que con esta nova lei o tempo reduciríase ata os 9 meses.

Trátase, dixo, dunha nova maneira de planificación e que as áreas poidan desenvolverse por pezas sen ter que facer a planificación e o desenvolvemento íntegro.

Vázquez manifestou que a Federación Galega de Parques Empresariais traballou arreo coa Consellería para que o texto saia nun tempo récord. Destacou que dentro da lei van outros beneficios como as bonificacións por mercar solo empresarial, que pasan do 30 ao dun 50 %.

Regúlase ademais a posibilidade de que poidan facer pagos aprazados, sen xuros, ao longo dos cinco primeiros anos de mercar o solo empresarial.

Cumio do cambio climático

A conselleira destacou que Galicia participará no cumio do cambio climático de Glasgow e manifestou que o domingo ratificará a adhesión da comunidade á Coalición Under2 para avanzar na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro. V

Ánxeles Vázquez destacou que desde 1990 reducíronse un 23,8 % as emisións de CO2 e afirmou que no 2023 Galicia terá a súa propia lei do clima.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade