Suspendido o Granada-Athletic Club pola morte dun afeccionado na bancada
O partido interrumpeuse no minto 17 co 0-1 para o Athletic no marcador
Tras máis dunha hora de parada cos xogadores nos vestiarios, decretouse a suspensión do encontro
O partido que enfrontaba ao Granada e o Athletic Club suspendeuse con só 17 minutos xogados tras unha emerxencia sanitaria na bancada. O porteiro visitante, Unai Simón, alertou de que algo acontecía entre os afeccionados e o colexiado, Ortiz Arias, parou o partido. A afección local mostrou o seu agradecemento polo xesto do gardameta vasco cunha grande ovación para o mesmo. Tras máis de vinte minutos co xogo parado, os xogadores foron para os vestiarios no minuto 37.
Finalmente o partido suspendeuse tras máis dunha hora despois do parada e comunicouse o falecemento do afeccionado debido a unha parada cardiorrespiratoria. Nas próximas horas buscarase data para xogar os máis de 70 minutos restantes, e o partido retomarase con vantaxe para o Athletic Club (0-1), tras o gol de Iñaki Williams aos seis minutos de encontro.