O excéltico Jonny, apartado do Wolves ata finais de xaneiro
O defensa desculpouse e aceptou o castigo, polo cal non poderá nin adestrarse nin xogar co seu equipo ata finais de xaneiro

Jonny Otto, xogador galego do Wolverhampton Wanderers, estará apartado do primeiro equipo ata finais de xaneiro despois dun incidente nun adestramento. O defensa, segundo confirmou Matt Hobbs, director deportivo do club, desculpouse e aceptou o castigo, polo cal non poderá nin adestrarse nin xogar co seu equipo ata finais de xaneiro.
O ex-xogador do Celta non se adestrou estes días cos seus compañeiros e quedou fóra das dúas últimas convocatorias despois dun incidente nun adestramento que non foi desvelado.
Hobbs confirmou que se reuniu esta semana co español e que este se desculpou e aceptou o castigo imposto polo club.
"Falamos e aceptou que ata finais de xaneiro non formará parte do primeiro equipo. Seguirá adestrándose connosco e se quere poderá xogar co sub-21", engadiu Hobbs.
Jonny, que chegou a ser internacional con España, só xogou tres encontros esta tempada co Wolves.