O atraso nas obras do barrio coruñés de Labañou provoca o descontento dos veciños

Os traballos de reurbanización tiñan que estar rematados no verán, e a zona aínda continúa chea de valos

As obras en Labañou
G24.gal 04/12/2023 13:45

Cando preguntamos a un residente nalgún dos bloques de vivendas no barrio coruñés de Labañou polo tempo que levan convivindo coas obras na rúa, moitos xa perderon a conta. 

A outros en cambio non lles escapa nin un só día na conta nin tampouco esconden que teñen a paciencia ao límite. Porque os traballos de reurbanización que se están a facer na zona hai meses que tiñan que estar rematados, e de momento as obras aínda continúan, coas molestias que traen consigo para moitos residentes.

Ninguén cuestiona o proxecto que se está a levar a cabo para mellorar a accesibilidade e o tránsito dos peóns, ademais de engadirlle unha nova zona de ocio. O peor, din, é o que levan pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade