Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
			
		
		
			
			
				Helmut Newton, fotografar a ambigüidade que hai entre a realidade e a ficción
Esta mostra resume 6 décadas da vida e da obra de Newton, con fotografías, obxectos persoais e un documental
Helmut Newton-Fact &Fiction, ata o 1 de Maio na Coruña
 
                            G24.gal
                        
                            27/11/2023 14:51
                        
                        
                                Última actualización 27/11/2023 16:33
                        
                        
                    
                    A Fundación MOP presenta na Coruña unha das mellores mostras de fotografía e moda que poden ver en España. Helmut Newton. Realidade ou ficción resume seis décadas da traxectoria persoal e profesional do prestixioso artista xermano-australiano que converteu a sensualidade e o espido feminino nun dos seus sinais de identidade. Un traballo que tamén trata de sorprender, provocar e desconcertar ao espectador.