Contido con Xeográficas Cangas .

Contido con Xeográficas Cangas .

Cangas

Foto Cangas

Moyano asegura que o Cangas viaxa “coa moral polas nubes” á pista do Logroño

13/02/2025 12:41

Moyano: “É un bo momento para ir xogar a Logroño, unha pista moi difícil e ante un equipo que ocupa unha posición na táboa que non fai xustiza"


Cinco médicos e un farmacéutico investigados nunha operación contra o tráfico de medicamentos en Cangas

13/02/2025 11:25

Sospeitan que a rede puxo á venda milleiros de pílulas de Rivotril

Da mestura deste ansiolítico con haxix sae o karkubi, un potente e perigoso alucinóxeno coñecido como a droga dos pobres


Investigado un concelleiro de Cangas por unha polémica cun vao

08/02/2025 17:21

O socialista Eugenio González foi detido esta semana por un suposto delito de usurpación de estado civil e outro de tráfico de influencias

Categorías:  Política   Galicia   Cangas
Etiquetas:  XUSTIZA   DENUNCIA

Volve a Asobal cun Cangas-Valladolid ofrecido pola G2

07/02/2025 10:04

Moyano: "Fomos o equipo máis competitivo da primeira volta e o obxectivo é seguir esa liña"


A Garda Civil investiga un espectacular roubo nunha ferraxería de Cangas

23/01/2025 13:26

Levaron 8 motoserras e varias rozadoiras e fuxiron nunha furgoneta roubada

Etiquetas:  ROUBOS

Queixas pola inseguridade viaria nunha zona de institutos de Cangas

22/01/2025 14:36

Denuncian que xente nova sobe a esas zonas a facer derrapaxes e manobras perigosas

Piden un plan de seguridade viaria con mellor iluminación, pasos de peóns elevados e pintados e beiravías


O serbio Luka Krivokapic, reforzo para a portería do Cangas

20/01/2025 15:33

Chega para substituír a Jorge Pérez, lesionado de gravidade

Etiquetas:  ASOBAL

Deteñen en Cangas unha pelexa multitudinaria de menores de idade

20/01/2025 13:37

A Garda Civil conseguiu deter unha pelexa multitudinaria entre menores no parque da Choupana, no concello pontevedrés de Cangas

Nesta pelexa ían participar entre 30 e 40 mozos


Rescatan o corpo sen vida dun pescador de 68 anos no porto de Aldán

20/01/2025 08:51

O cadáver foi recuperado pouco antes da medianoite sen signos de violencia

A súa muller alertou os servizos de emerxencia ao ver que non regresaba


Imaxe de arquivo do barco de rescate Salvamar Mirach. Europa Press

Rescatan o cadáver dun home na cuberta dunha lancha en Cangas

15/01/2025 19:51

O mariñeiro que o atopou informou de que parecía estar recollendo unhas nasas, pero cando chegaron ata el xa estaba tendido na cuberta da embarcación


Unha das pintadas de protesta na rúa Espírito Santo da parroquia de Coiro, en Cangas

Protestan con pintadas fálicas no asfalto dunha vía en mal estado de Cangas

07/01/2025 19:32

O problema está na rede de saneamento anticuada e insuficiente que discorre por debaixo 


Cuberto incendiado en Moaña (TVG).

Incendios sen feridos nunha vivenda en Cangas e nun cuberto en Moaña

07/01/2025 12:01

No domicilio cangués ardeu a leña gardada para a cheminea e no pendello de Moaña as lapas calcinaron dúas motos e maquinaria agrícola


Jorge Pérez, operado con éxito da grave lesión no xeonllo dereito

30/12/2024 17:02

A súa baixa obrigará o Frigoríficos do Morrazo a fichar a un novo porteiro


Excelente comezo da campaña do percebe de Cangas

19/12/2024 13:55

Gran calidade e prezos de ata 220 euros o quilo


O Cangas non resisitiu o bo final do Benidorm e perdeu por 38-37

19/12/2024 12:24

No descanso, o Cangas estaba catro goles arriba, 16 a 20


Lugar onde se desenvolveu o altercado

Detido en Cangas o home que lle quitou o ollo a outro cun balote

10/12/2024 13:28

A detención produciuse nun operativo da Garda Civil na mesma vivenda en cuxo portal se produciron os feitos, e os axentes localizaron, ademais, varias substancias estupefacientes e diñeiro


O Frigoríficos, a distanciarse do descenso en Guadalaxara

06/12/2024 16:05

O cadro galego non garda un bo recordo do seu próximo rival, que lle gañou os dous duelos que disputaron no curso 2022-23


Lugar onde se desenvolveu o altercado

Disparan a un veciño de Cangas nun ollo cunha arma de balotes

05/12/2024 12:58

Os feitos tiveron lugar o pasado sábado 30 de novembro

A vítima permanece ingresada no hospital Povisa. Aínda non se produciu ningunha detención.


TVG

Detidos pola morte por inanición dunha anciá en Cangas o seu fillo e a súa neta

05/12/2024 09:47

A muller atopábase encamada debido á súa mobilidade reducida, e a autopsia determinou que a causa fundamental da morte fora un "déficit alimentario severo"

Tamén se investiga ao marido da falecida


Un desprendemento de pedras de grandes dimensións ameaza varias vivendas en Cangas

27/11/2024 14:13

As rochas precipitáronse sobre a parte de atrás das casas, provocando danos nos peches e nun garaxe

 Agora o perigo é que se produzan novos derrubamentos 


Descobren que 'The Wall', o primeiro videoxogo galego, é de 1986

11/11/2024 15:04

Un ourensán, Álex González, achegouse ata o museo especializado de Cangas con toda unha descuberta: un videoxogo que el creou no ano 1986, dez anos antes

Etiquetas:  VIDEOXOGOS

Valinox Novas

O Cangas pasa rolda tras perder a renda da primeira parte pero sentenciar tras o descanso

30/10/2024 11:03

Non houbo sorpresa e será o Frigoríficos do Morrazo quen estea na segunda rolda de Copa


Imaxe de arquivo dunha gaivota no porto de Cangas (Agostime / Europa Press)

Detectado un novo foco de gripe aviaria nunha gaivota de patas amarelas en Cangas

22/10/2024 19:13

A gaivota foi trasladada a un centro de recuperación en Cerdedo-Cotobade, onde se lle extraeron as mostras que acabaron por confirmar o caso


Decretan prisión sen fianza para o acusado do crime machista de Moaña

07/10/2024 18:42

O home, de 47 anos e con antecedentes, está acusado dun delito de homicidio, con penas entre 10 e 15 anos de cárcere

Confirman o de Moaña como crime machista, terceiro do ano en Galicia


Confirman o de Moaña como crime machista, terceiro do ano en Galicia

07/10/2024 14:43

O home detido como presunto autor do homicidio da súa parella recibiu xa a alta hospitalaria e foi posto á disposición do xulgado de Cangas


Presentado Omar Sherif, unha das fichaxes estrela do Cangas

02/10/2024 15:57

O internacional exipcio de 22 anos e 1,97 metros perdeuse a pretemporada por lesión

Etiquetas:  ASOBAL

Nacho Moyano: “Puente Genil ten un equipazo”

27/09/2024 11:16

O técnico madrileño, novo seleccionador xuvenil masculino, espera un partido “de máxima dificultade”


O Miniprint Internacional Galicia mostra gravados de 30 países en Cangas

24/09/2024 14:49

A Casa da Cultura de Cangas mostra estes traballos procedentes de 30 países de Europa, Asia e América 

Leonardo Rial é o presidente do xurado e director do Taller experimental de obra múltiple contemporánea de Vilariño


Moyano: “Logroño é un equipazo, vai esixir unha das nosas mellores versións”

20/09/2024 11:08

Moyano aínda non poderá contar neste partido coa súa fichaxe estrela, o pivote exipcio Omar Shériff



Envelenan as árbores dun parque de Rodeira, en Cangas

17/09/2024 14:07

A policía investiga o suceso como delito ecolóxico


O Cangas comeza a temporada en Valladolid na procura dun ano tranquilo

13/09/2024 13:58

É o sexto proxecto liderado por Nacho Moyano, que non poderá contar co pivote exipcio Omar Sherif


O Frigoríficos inicia o seu desafío en Valladolid

12/09/2024 13:40

O Frigoríficos mira máis alto que as súas últimas dúas tempadas, nas que tivo que disputar a promoción de descenso


Iria Malvido, tenenta de alcaldesa de Cangas

Malvido dimite como concelleira do PSOE en Cangas tras o seu positivo en alcoholemia

28/08/2024 22:06

Iria Malvido di que se vai "por responsabilidade e polo profundo afecto que teño por Cangas e polo meu partido"

O BNG de Cangas anunciara horas antes que expulsaría do goberno a tenenta de alcaldesa

Categorías:  Política   Galicia   Cangas
Etiquetas:  PSOE

Iria Malvido, tenenta de alcaldesa de Cangas

O BNG de Cangas expulsará do Goberno a tenenta de alcaldesa

28/08/2024 21:12

A socialista Iria Malvido pediu a baixa tras a súa alcoholemia positiva

Categorías:  Política   Galicia   Cangas
Etiquetas:  PSOE

Iria Malvido, tenenta de alcaldesa de Cangas

Malvido anuncia a baixa temporal no PSOE, pero mantense como edil de Cangas

28/08/2024 13:23

A tenente de alcaldes pide "desculpas polo terrible erro que cometín cando volvín á casa despois de asistir ás Festas do Cristo conducindo o meu vehículo e superando folgadamente a taxa de alcol permitida"

"Estou á espera da decisión que tome o Comité Federal de Ética. Acatarei coa mesma disciplina de sempre a decisión que tome Ferraz", afirma

Categorías:  Política   Galicia   Cangas
Etiquetas:  PSOE

Deixan en liberdade o investigado polo accidente mortal de Cangas

28/08/2024 13:11

A Audiencia Provincial atende o seu recurso e entende que a prisión provisional era unha medida excesiva 

O home xa depositou unha fianza de 15.000 euros e non poderá residir na localidade do Morrazo

O condutor fora detido tras supostamente causar un accidente mentres fuxía da policía e que lle custou a vida a outro home 


Iria Malvido

A tenenta de alcaldesa de Cangas, a socialista Iria Malvido, dá positivo nun control de alcoholemia

27/08/2024 14:43

A edila colleu o coche tras acudir a unha verbena nas festas da localidade e deu un resultado superior aos 0,6 mg/l 

Categorías:  Política   Galicia   Cangas
Etiquetas:  TRÁFICO   ALCOL   PSDEG

Veciños de Cangas cortan o tráfico nos accesos ás praias

25/08/2024 14:06

Protestan polo aparcamento en lugares non permitidos e pola inacción da Policía Local


Os coches colapsan O Hío en Cangas

19/08/2024 14:18

Os veciños e veciñas desta parroquia denuncian a masificación que padecen un verán máis

Entenden que nestes meses de bo tempo a xente queira gozar das praias, pero non que o fagan á conta de estacionar ocupando as súas propiedades

Etiquetas:  TURISMO
Publicidade
Publicidade
Mostrando o intervalo 41 - 80 de 300 resultados.