Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novas

Xirona 0-1 Vilarreal

15/05/2024 06:56

O Vilarreal sorprende un Xirona ao que se lle complica o subcampionato

Categorías:  Deportes

Real Madrid 5-0 Alavés

15/05/2024 06:54

O Real Madrid festexa o título de Liga no Bernabeu cunha goleada sobre o Alavés

Categorías:  Deportes

O presidente ucraíno, o pasado 9 de maio en Kíiv (Goberno de Ucraína vía Europa Press).

Cancélase a visita do presidente de Ucraína a España anunciada para este venres

15/05/2024 00:45

Confirmouno a Casa do Rei horas despois de avanzar un encontro do monarca con Volodímir Zelenski

Prevíase tamén unha reunión con Pedro Sánchez para asinar un acordo de seguridade bilateral, malia a que o Goberno non chegou a anunciar a data

A anulación da viaxe deberíase á complexa situación da guerra, sobre todo nas rexións de Kharkov e Donetsk


O Deportivo propón renovar o convenio actual de Riazor por 25 anos

14/05/2024 22:25

Despois dos desacordos das últimas horas, o presidente do club coruñés emitiu un comunicado en que tende a man á rexedora Inés Rey

Categorías:  Deportes   Deportivo

Canto custa unha comuñón para as familias galegas?

14/05/2024 22:04

O gasto medio supera os dous mil euros, entre o traxe, o banquete e a reportaxe fotográfica

Etiquetas:  FAMILIAS


Osasuna 1-1 Mallorca

14/05/2024 21:54

O Mallorca segue dando pequenos pasos cara á permanencia

Categorías:  Deportes

Primeira bóla de partido para certificar a permanencia do Celta

14/05/2024 21:17

Sácalle cinco puntos ao Cádiz, e se consegue rematar o seu partido cun punto máis de vantaxe, garantirá a presenza en Primeira para a vindeira temporada

Categorías:  Deportes   Celta

O rei Xoán Carlos regresa a Galicia para participar nunha nova regata en Sanxenxo

14/05/2024 21:00

 

Desta volta aterrou en Santiago por mor das obras do aeroporto de Peinador


Puente pregúntase por que Cataluña concentra o 52 % dos actos vandálicos nas vías

14/05/2024 20:58

O ministro de Transportes di no Senado que o Goberno é vítima e non culpable

Junts acusa o executivo de ser responsable de "sabotar" o investimento ferroviario


Promoven un proxecto de recuperación do bosque tradicional

14/05/2024 20:55

 

A serra do Xurés, afectada sistematicamente polos incendios forestais, será un campo experimental para un novo proxecto de recuperación e posta en valor do monte

A iniciativa, financiada polos fondos Next Generation, esténdese tamén a outros territorios de Galicia e Asturias

 


O Leyma Coruña terá que duplicar o número de socios "para competir en ACB"

14/05/2024 20:39

Acaban de recibir as esixencias e analizaranas para saber en que pavillón terán que xogar a vindeira temporada

Categorías:  Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  LEYMA CORUÑA

Varios templos abertos, e con guía, no Camiño de Inverno

14/05/2024 20:32

Dúas igrexas de Quiroga e unha de Ribas de Sil amplían o seu horario de apertura


Imaxe de arquivo da AP-9

O Parlamanto galego acorda pedir que se estude a anulación da prórroga da AP-9

14/05/2024 20:27

A proposta presentada polo BNG conseguiu contar co apoio do PP ao eliminar da súa redacción que a prórroga foi concedida “irregularmente”

A proposta solicita que se avalíen os custos económicos de asumir a xestión directa e pide ao Goberno que anule as prórrogas e suprima as peaxes

Etiquetas:  AP-9   PEAXES

Autobús accidentado e servizos de emerxencia en Florida (REUTERS)

Un choque entre un autobús e unha camioneta deixa 8 mortos e 40 feridos en Florida

14/05/2024 18:56

O autobús, no que viaxaban 53 traballadores inmigrantes, saíu da estrada, atravesou un valado e envorcou

Oito dos feridos atópanse en estado crítico, entre eles o condutor da camioneta



Puigdemont compárase con Sánchez e defende a lexitimidade de presentarse á investidura

14/05/2024 18:15

O PSOE nega o apoio a un goberno independentista 

Núñez Feijóo aposta a que Sánchez permitirá que Puigdemont goberne Cataluña despois das eleccións europeas


Parada de taxis na praza de San Lázaro, en Ourense

Ourense é a segunda cidade española co servizo de taxi máis caro

14/05/2024 18:07

O informe da asociación de consumidores realizárono en 57 cidades españolas

Lugo queda como a cuarta máis cara nesta listaxe, encabezada por Donosti

Etiquetas:  TARIFAS   FACUA   TAXI

Trens de Renfe e de Comboios de Portugal

España e Portugal comprométense a impulsar o AVE desde Lisboa a Madrid e a Vigo

14/05/2024 17:49

Paulo Rangel dixo que concede "o mesmo grao de prioridade" ás dúas conexións 

Este asunto será un dos eixes centrais do cumio bilateral do 23 de outubro en Portugal


Canteira na que se produciu o accidente mortal no lugar Vilamor

Falece un traballador ao caer por un desnivel nunha canteira de Mondoñedo

14/05/2024 17:08

Os feitos aconteceron na parroquia de Vilamor, cando o home de 52 anos caeu coa máquina que manexaba

O persoal sanitario confirmou a morte e atendeu a outro traballador, que foi trasladado ao Hospital Público da Mariña


Imaxe de arquivo

A conserveira Atunlo solicita o concurso voluntario de acredores

14/05/2024 16:56

A día de hoxe só contan co plan de reestruturación proposto pola empresa, aínda pendente dun informe e unha votación

A empresa continúa coa súa actividade, aínda que de xeito reducido "ante o incumprimento do compromiso de subministración do socio Inpesca"


Lanzamento dun mísil / REUTERS

Rusia pon en servizo o mísil intercontinental Bulavá de emprazamento marítimo

14/05/2024 16:30

É un dos piares da terna nuclear rusa capaz de superar o escudo antimísiles dos Estados Unidos

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  RUSIA   MÍSILES


Oriol Junqueras e Pere Aragonés (David Zorrakino / Europa Press)

Junqueras postúlase para revalidar o liderado de ERC tras o trompazo electoral

14/05/2024 16:14

Polo momento o dirixente non pode ocupar ningún cargo público nin presentarse a unhas eleccións, ata que a amnistía sexa efectiva

Busca renovar o seu cargo tras os malos resultados nas elección e a dimisión de Aragonès


A Anthony Polite gustaríalle seguir no Breogán

14/05/2024 15:35

Polite: "Estou moi ben aquí en Lugo, pero teño que falar co meu axente e veremos o que pasa"

Categorías:  Lugo   Deportes   Baloncesto
Etiquetas:  CB BREOGÁN

Giráldez: "Temos diante unha oportunidade boísima"

14/05/2024 15:14

O Celta xoga a súa permanencia ante un Athletic que apura as súas opcións de Champions

Categorías:  Vigo   Deportes   Celta
Etiquetas:  RC CELTA

Comeza a retirada da duna de Riazor

14/05/2024 15:06

As máquinas desfán o escudo que protexe o paseo dos temporais 

A imaxe marca o inicio da temporada de praias, pero o tempo non acompaña

 

 


Carlos Negro: "Para min foi un descubrimento a narrativa de Luísa Villalta"

14/05/2024 14:49

Villalta constrúe a súa narrativa como un artificio en Narrativa reunida 1991-2001

As chaves do tempo, a incursión de Villalta na literatura artúrica 

Un ruído provocador, voces arredor de Luísa Villalta, para conceptualizar a obra de Luísa Villalta

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Abel Azcona: "É unha obriga do artista transformar o espectador da forma que sexa"

14/05/2024 14:47

Azcona presenta 'Longo ensaio a rentes do dereito de non ter nacido e outros devires', unha perfomace de resistencia física e mental

Durante tres días impartirá un taller intensivo de achegamento ao 'Método de arte e performance autobiográfica' de Azcona

Abel Azcona, perfomance , exposición e talleres do 16 ao 19 de maio na asociaición A Casa Branca, Compostela

Etiquetas:  ZIGZAG

Lugo recupera a conexión co último AVE a Galicia

14/05/2024 14:42

Renfe suprimira hai dez días o servizo, pero agora da marcha atrás 

Faino pola presión dos usuarios, a cidade quedaba prácticamente sen servizos ferroviarios

Etiquetas:  AVE

A Policía Nacional de Vilagarcía desenvolve unhas xornadas pola igualdade no deporte

14/05/2024 14:41

Acabar con todo tipo de discriminación ou intolerancia, eliminar barreiras e acadar o máximo nivel de igualdade é o obxectivo de tres días de activdades


Cautela no uso e consumo da auga en Noia

14/05/2024 14:40

O Concello alerta dun posible episodio de contaminación por arrastre no río

Cren que a orixe da vertedura está no xurro que botan os gandeiros e que é arrastrado ao río cando chove


Antón Lamazares: "Se non estás namorado da vida, non podes dedicarte a arte"

14/05/2024 14:39

A retrospectiva de 1973 a 2023 viaxa desde o expresionismo ata a abstracción e o informalismo a través de 230 obras 

Nos últimos anos as súas obras incorporan textos co Alfabeto Delfín creado polo propio autor

A madeira, o cartón e os barnices son materiais recorrentes na obra de Lamazares

Etiquetas:  ZIGZAG

Pillan dous ladróns en Viveiro roubando en estado ebrio

14/05/2024 14:38

Foi nun bar de Covas, en Viveiro, e foi o camareiro doutro negocio o que avisou a policía

A rápida intervención dos axentes fixo que o roubo quedara nun intento

Etiquetas:  ROUBOS

A acusada de roubar un bebé no Hospital de Basurto recoñece os feitos e pide perdón aos pais

14/05/2024 14:37

A Fiscalía pide para a acusada 4 anos de prisión por un delito de detención ilegal

Etiquetas:  BEBÉ

Restrinxen o acceso aos bailes de maiores de Lugo

14/05/2024 14:37

O Concello alega que limita a ocupación por motivos de seguridade

Os usuarios critican a medida

Etiquetas:  MAIORES   BAILE

A raíña Letizia preside a entrega de medallas da Cruz Vermella

14/05/2024 14:32

Oviedo acolle o acto conmemorativo do Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella

A cerimonia estivo marcada polo aniversario da entidade, este ano fai 160 anos


Andrea Bruni, suposto líder da 'Ndrangheta, durante a súa detención en 2010. (EFE/Francesco Arena)

Golpe á 'Ndrangheta, a poderosa mafia calabresa

14/05/2024 14:30

A operación policial rematou con 129 detidos na área de Cosenza

Atribúenselles delitos de asociación mafiosa, extorsión, lesións, narcotráfico, posesión de armas e roubos

Un axente da policía económica italiana encóntrase suspendido

Trátase da maior mafia de Italia, cunha facturación aproximada de 50.000 millóns de euros


Os incendios en vivendas provocan máis de 200 mortes ao ano en España

14/05/2024 14:30

Os expertos din que con pautas moi sinxelas pódese evitar que un incendio nunha vivenda acabe en traxedia

Etiquetas:  INCENDIO

Lentes e lentes de contacto empezarán a financiarse de forma "progresiva" cos máis vulnerables

14/05/2024 14:25

Sanidade vai empezar unha rolda de reunións cos ópticos optometristas para concretar a implantación da medida

O Goberno devolve o dereito á atención sanitaria todos os residentes en España con independencia da súa condición administrativa

Publicidade
Publicidade