Publicador de contidos

Contido coa etiqueta lotería .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta lotería .

Lotería

A Primitiva deixa case 1,4 millóns de euros na Coruña

17/01/2025 13:25

Só se sabe que o novo millonario selou o billete no quiosco da praza de España


O primeiro premio da Lotaría Nacional deixa 1,5 millóns de euros na Coruña

11/01/2025 20:06

A administración número 33, en San Nicolás, vendeu dez décimos do número premiado

Categorías:  A Coruña   Sociedade
Etiquetas:  LOTERÍA

O Neno reparte sorte en Galicia a través do segundo e o terceiro premio

05/01/2025 12:50

O primeiro premio, o 78908, vendeuse integramente en León

Parte do segundo premio, o 06766, distribuiuse nas catro provincias galegas

O terceiro premio, o 66777, foi parar a once localidades galegas e devolveu o sorriso á zona cero da dina

Poden consultar os décimos premiados en g24.gal

Categorías:  España   Sociedade   Vida
Etiquetas:  NADAL   SORTEO   LOTERÍA

Esgotan os décimos do sorteo do Neno no Irixo por un vídeo feito polos veciños

03/01/2025 13:55

É unha iniciativa da comisión de festas da parroquia do Campo para recadar cartos para as festas patronais de agosto


Detidas tres persoas en Lugo acusadas de estafar vendendo falsos billetes premiados de lotería

27/12/2024 09:57

A voz de alarma deuna unha cidadá de Lugo, que ía ser vítima da estafa e que chamou inmediatamente ao 091, comunicando o feito


Ringleiras de clientes acoden mercar os seus décimos para a Lotaría do Neno

26/12/2024 20:30

Moitos gastan o gañado o 22 en décimos para o 6 de xaneiro


A administración das Camelias, en Vigo, celebra o segundo premio. EFE/Salvador Sas

Galicia queda sen o Gordo, pero reparte varias series do segundo e terceiro premio

22/12/2024 08:06

O Gordo, dotado con catro millóns de euros por serie, vendeuse integramente en Logroño

O segundo premio foi para o 40.014 e chegou aos concellos de Barbadás e Vigo

Lugo, Ferrol, Viveiro, O Grove e Vigo venderon series do terceiro premio, o 11.840


Este sábado, último día para mercar décimos do sorteo de Nadal

21/12/2024 14:50

Moitos apuran para facerse con algún billete ou completar os xa comprados


A Facenda española será a gran gañadora da lotaría de Nadal

21/12/2024 14:33

Todos os premios superiores a 40.000 euros tributarán un 20 %


Especial da lotaría de Nadal 2024 este domingo na TVG e na G24

21/12/2024 12:53

Pendentes dos bombos no Teatro Real de Madrid e con sete equipos de directo repartidos pola xeografía galega

Almudena Rodríguez de Urzáiz e Sevi Martínez conducen desde primeira hora do domingo un especial na TVG para achegarnos o minuto a minuto do sorteo máis agardado do ano


As administracións de lotaría do centro de Vigo venden máis co turismo das luces de Nadal

15/12/2024 15:07

As administracións de lotaría galegas apuran as vendas sete días antes de se celebrar o Sorteo Extraordinario de Nadal, que reparte máis de 2.700 millóns de euros

Dende que os turistas das luces invaden a cidade as vendas de décimos de lotería para o Sorteo Extraordinario de Nadal non deixan de medrar  


Os bombos do Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal 2024, no Teatro Real de Madrid

Lotería de Nadal: as respostas ás súas dúbidas

15/12/2024 11:59

Canto toca a un décimo e cando e como cobrar os premios?

Como cobrar un premio compartido?

Como e onde cobrar un décimo ou participación que está deteriorado ou se llo roubaron?

 


A Primitiva deixa un premio de 1.400.000 euros en Redondela

16/08/2024 14:21

Moitos clientes pasaron hoxe pola administración para comprobar os seus números e probar sorte para o bote de 85 millóns de euros

 Nin rastro do afortunado: descoñécese se é un veciño ou unha persoa de paso

Etiquetas:  LOTERÍA

Homenaxe ás polbeiras do Carballiño nun sorteo da lotería nacional

10/07/2024 21:04

O décimo do sorteo do xoves 25 de xullo leva a figura da escultura da polbeira obra de Laura Rodríguez

Xa están á venda dende esta semana os décimos do sorteo do Nadal 


(EFE/Eliseo Trigo)

O loteiro detido en Lugo queda en liberdade investigado por un delito de simulación de delito e tentativa de estafa

13/06/2024 14:52

O arrestado, a quen se lle atribúe tamén un delito de apropiación indebida, acolleuse ao dereito a non declarar

Era sospeitoso dende o principio, "pero non a principal liña de investigación"


Congreso Loteiro, na Cidade da Cultura

O Congreso Loteiro acolle 300 administracións de lotaría en Santiago

21/04/2024 14:46

Reclaman que cada admnistración de lotaría poida ter a súa propia venda dixital sen depender de Apostas e Lotarías do Estado


A xuíza arquiva o caso do atraco a unha administración de loterías de Lugo tras non ver "indicios" contra o loteiro

08/04/2024 17:34

Sostén que "toda a construción da hipótese investigativa policial se funda en sospeitas"


Tres meses despois do atraco a un despacho de loterías en Lugo, seguen a investigarse os feitos

04/04/2024 13:28

O loteiro denunciara o roubo de 400.000 euros, pistola en man, por uns encapuchados

O caso dera un xiro en febreiro, cando o denunciante fora citado a declarar nos xulgados


Investigado o loteiro lugués que denunciou ser vítima do roubo de 400.000 euros

17/02/2024 14:28

Polo de agora aínda non foi interrogado nin hai imputacións na súa contra

Categorías:  Galicia   Lugo   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS   LOTERÍA

Unha administración da Coruña reparte o Primeiro Premio da Lotaría Nacional

28/01/2024 08:28

Vendeu dez décimos do número 10.126, premiados cun total de 600.000 euros


A policía segue a investigar a autoría do atraco á man armada a un despacho de lotería en Lugo

05/01/2024 13:44

Os axentes da Científica dispoñen xa de imaxes do asaltantes, que levaron 400.000 euros


Atracan pistola en man un despacho de lotaría en Lugo e levan 400.000 euros

04/01/2024 11:05

O responsable da administración chegaba para ir ao banco para ingresar a recadación e foi asaltado por dúas persoas

O elevado botín débese xa que no despacho de lotaría había moitos cartos acumulados polo alto volume de vendas dos últimos días

O loteiro asegura que tratou de facilitarlle as cousas aos atracadores e non opuxo resistencia: "Os cartos son cartos, e a vida é a vida"


Veciños do Irixo venden 540 décimos en dous días tras gravar un anuncio que se fixo viral

03/01/2024 13:30

Fixérono para recadar cartos para as súas festas e agora só esperan que o seu número toque

Etiquetas:  LOTERÍA

Alegría polos premios da lotaría e ilusión renovada nas administracións agraciadas

23/12/2023 20:58

A Coruña, O Grove e Riotorto foron algunhas das localidades tocadas pola fortuna

Categorías:  Galicia   Sociedade   Vida
Etiquetas:  NADAL   LOTERÍA

O quinto premio que caeu en Riotorto tocou a case toda a veciñanza

23/12/2023 14:27

Repartiu case once millóns de euros, o dobre do orzamento municipal

O número foi vendido case na súa totalidade no concello


88.008: o Gordo máis preguiceiro tamén deixa cartos en Galicia

22/12/2023 13:21

Concellos galegos en que se vendeu: A Coruña, Cambre, A Pobra, Val do Dubra, Porto do Son, Culleredo, Santiago, Ourense, Xinzo, Lugo, BarallaVigo, O Porriño, Marín, A Illa, Salvaterra e Vilagarcía

O primeiro premio estivo moi repartido por toda España. Chegou maioritariamente a Madrid (50 series consignadas), Xaén (20) e Écija (Sevilla), onde se destinaron 15 series.

 


58.303: o segundo premio rega A Coruña con 162 millóns e O Grove con outros 56

22/12/2023 13:04

130 series vendidas na Coruña e 45 no Grove

Outros concellos galegos en que se vendeu:  Ferrol, Lugo, O Porriño, Gondomar, Sanxenxo, Nigrán


41.147: outro cuarto premio que esquiva Galicia

22/12/2023 12:18

Vendeuse en Barcelona e Salamanca


Case 11 millóns de euros para Riotorto grazas ao 37.038, un dos quintos premios

22/12/2023 12:11

Despacharon 182 series máis 6 décimos, o que supón 10.956.000 euros

Vendido tamén en Ribadavia, A Illa e O Grove


31.938: o terceiro premio marcha íntegro para Alacant

22/12/2023 12:05

Vendeuse todo en Biar, concello alacantino de menos de 4.000 habitantes


57.421: Penúltimo quinto premio da mañá, que de novo se vendeu en parte en Galicia

22/12/2023 11:40

Vendido en Carballo, Abegondo, Ourense, Xinzo, Sanxenxo, Poio, Vigo e O Porriño


93.361: o primeiro cuarto premio do sorteo cae lonxe de Galicia

22/12/2023 11:17

Vendeuse nas provincias de Valencia, Alacant e Sevilla


86.007: un quinto premio moi repartido, tamén por Galicia

22/12/2023 11:00

Vendeuse en multitude de concellos, 18 deles galegos


Outro quinto que deixa cartos en Galicia, o 01.568

22/12/2023 10:42

Varios concellos da comunidade, entre os agrazados: Vigo, O Porriño, Poio, Narón, Noia e Ourense



88.979: outro quinto premio que tamén tocou na nosa comunidade

22/12/2023 10:14

Concellos galegos onde se vendeu: Cambados, Salceda de Caselas, Vigo, O Porriño, O Grove, A Illa, Nigrán, Tomiño, Meis, Salvaterra, Ordes, Ferrol, Ponteceso, Miño, Trazo, Ourense, Xinzo, Cortegada, O Barco, Chantada, Rábade, Foz


45.353: quinto premio moi repartido, que caeu en varios lugares de Galicia

22/12/2023 09:56

Ourense, Xinzo, Redondela, Vigo, Cangas e A Illa de Arousa, entre os lugares afortunados



O sorteo da lotería de Nadal deixa case 250 millóns en Galicia

22/12/2023 07:59

O segundo premio reparte máis de 160 millóns na Coruña e 56 no Grove

O Gordo máis preguiceiro demorouse ata despois da unha e deixou outros 15 millóns na nosa terra, 8 deles na Pobra

Riotorto celebra 11 millóns grazas a un dos quintos premios

40 concellos galegos celebran a fortuna do sorteo máis tradicional que se celebra en España


Último día para mercar lotería de Nadal

21/12/2023 14:16

Mañá, 22 de decembro, terá lugar o sorteo

Sempre hai algúns que se demoran e esperan á última hora para mercar algún número

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 87 resultados.