Publicador de contidos

Publicador de contidos

"E se cae aquí?", a campaña de verán da Lotaría de Nadal convida a mercala xa

"E se cae aquí?", a campaña de verán da Lotaría de Nadal convida a mercala xa

Os décimos xa están dispoñibles en todos os puntos de venta de España

Dende Loterías e Apostas do Estado deron a coñecer unha campaña que apela á nostalxia dos veráns da infancia

G24.gal 12/07/2023 18:35 Última actualización 12/07/2023 21:36

A Lotería de Nadal xa está á venda nas administracións repartidas por toda a xeografía española e o a saída ao mercado coincide coa súa campaña de publicidade do verán.

"E se cae aquí o Gordo de Nadal?", pregúntase a campaña deste ano, que presentou este mércores en rolda de prensa o presidente de Loterías e Apostas do Estado, Jesús Huerta.

E "aquí" non é onde un naceu, senón outro lugar no que botou raíces e ao que pertence. É o lugar onde un sempre pasou o verán coa súa familia, onde os avós o colleron da man para dar os seus primeiros pasos, onde os pais lle ensinaron a nadar, onde coñeceu os seus primeiros amigos.

Empeza a venda xeral como sempre en xullo, e é que no verán véndense case un 10 % dos décimos. Este ano ademais lánzanse cinco series máis: en total 185 series de 100.000 números cada unha, é dicir 185 millóns de décimos.

Tomouse esta decisión porque, segundo Jesús Huerta, o ano pasado houbo algunhas dificultades nas últimas semanas para atopar algúns números. Este ano se ilustran cunha obra do Museo Nacional do Prado, "A Natividade" do Mestre de Sopetrán. Levarán tamén o logo da Presidencia española do Consello da UE, a que terá unha duración semellante ao tempo que estarán na rúa os décimos de Nadal.

Esa será a imaxe dos décimos deste ano, que compartiremos un ano máis coa familia, amigos, os compañeiros de traballo e que trae a ilusión a numerosos fogares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade