Cargando resultados...
Vencer a dexeneración motriz do párkinson xa é posible
Vencer a dexeneración motriz do párkinson xa é posible
Un enfermo volve camiñar tras 25 anos cun estimulador da medula feito en Suíza
O estimulador da medula espiñal creado polo hospital de Laussane, en Suíza
G24.gal
06/11/2023 20:47
Última actualización 06/11/2023 21:23
Só tres meses de rehablitación cumpriron para que este home, Marc Gauthier, volvese camiñar e ser autónomo tras 25 anos de mobilidade cada vez máis reducida polo seu párkinson precoz.
Rixidez, tremores e problemas de movemento desapareceron cando lle colocaron un estimulador da medula espiñal, usado antes con éxito tamén en parapléxicos.
O equipo de neurocientíficos do hospital universitario da cidade suíza de Laussane fíxoo posible e abriu unha ventá á esperanza para os enfermos de párkinson.