Unha cicloxénese explosiva afectará a Galicia a mediados de semana

Este martes volve activarse un aviso amarelo por chuvia na Coruña, Pontevedra e A Mariña

G24.gal 30/10/2023 20:27 Última actualización 30/10/2023 21:31

Os avisos por inclemencias meteorolóxicas non acaban de desaparecer. A Costa da Morte e o noroeste do litoral coruñés manteñen a alerta laranxa por fortes ventos e ondas de ata seis metros. E aínda que a chuvia deu algún descanso, pouco dura, e axiña chega o ballón. Medida Galicia estará en aviso amarelo por chuvia este martes.

E por diante temos unha sucesión de borrascas. A máis preocupante, bautizada Ciarán, terá características de cicloxénese explosiva e pasará por Galicia a mediados de semana.

Prevense fortes ventos, chuvias intensas, mar bravo e baixada das temperaturas. A melloría meteorolóxica non se albisca no horizonte.

E iso cando aínda se seguen limpando os restos da borrasca da pasada fin de semana, das chuvias torrenciais que xunto coa preamar con mareas vivas asolagaron paseos marítimos e estradas nas vilas costeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos