Cargando resultados...
Un veciño de Brión detido por posesión ilícita de armas que ofertaba por Internet
No seu domicilio atoparon rifles, munición, revólveres, frechas e botellas de CO2

G24.gal
18/11/2023 22:31
A Garda Civil detivo un veciño de Brión como presunto autor dun delito de tenza ilícita de armas. Comisáronlle rifles, munición, revólveres e frechas.
A operación Arbrin comezou o ano pasado tras coñecerse que unha persona ofertaba armas a través de Internet. Os investigadores lograron identificar o home e atopárono no interior dun coche no que había varias armas, para as que non tiña autorización administrativa, ademais de munición. Posteriormente no rexistro do domicilio do detido atoparon máis armamento e botellas de CO2.