Situación límite para o Team Farto, o equipo profesional feminino de ciclismo
Necesita, antes de cinco días, douscentos mil euros para inscribirse e correr
Situación límite para o Team Farto, o equipo profesional feminino de ciclismo. Ten ata o martes para presentar a documentación que esixe a UCI. Cambiaron as normas e son máis esixentes. Que significa isto? Que o Team Farto necesita douscentos mil euros para inscribirse e correr o calendario internacional, a Volta a España e o resto de carreiras.
Brais Dacal, manager do equipo: "Fáltannos 200.000 euros para poder correr como profesionais".
"A día de hoxe non temos sinatura, somos realistas, sería unha mágoa para Galicia".
Quedan cinco días e está difícil. O Team Farto leva tres anos no ámbito profesional formando corredoras e dándolle visibilidade ao deporte feminino.