Sánchez convocará a Feijóo a unha reunión antes de fin de ano para abordar a renovación do CXPX

PP e PSOE repróchanse mutuamente incumprimentos da Constitución no seu 45 aniversario

G24.gal 06/12/2023 18:30 Última actualización 06/12/2023 18:35

PSOE e PP chegan ao 45 aniversario da Constitución máis lonxe que nunca do consenso. Pedro Sánchez e Núñez Feijóo repocháronse mutuamente incumprimentos da Carta Magna.

Nunha conversa informal cos xornalistas, o presidente do Goberno anunciou que quere reunirse co líder do PP antes de finais de ano para abordar asuntos que considera prioritarios, como a aprobación dun novo sistema de financiamento autonómico ou a reforma do artigo 49 da Constitución para eliminar o termo diminuído.

Pero máis apremante aínda considera abordar co PP a necesidade de renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial.

"Antes que a devoción é a obriga. Chamo ao PP a que cumpra co seu mandato xudicial de renovar o CXPX durante esta lexislatura", di i presidente do Goberno.

Desde o PP din que Núñez Feijóo acudirá á xuntanza malia que lamentan saber dela polos medios. E con poucos visos de entenderse.

 "O noso proxecto é garantir a independencia do Poder Xudicial. O proxecto do Goberno é controlar o Poder Xudicial. Espero que cambien de postura, porque defender a independencia do CXPX é o que defende a Constitución", manifesta o presidente do PP.

Feijóo acusou a Pedro Sánchez de liderar un movemento contra a Carta Magna polos seus pactos co independentismo e pola lei de amnistía, que considera unha emenda á totalidade da Constitución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade