Saen á venda 1.200 entradas máis para o partido da selección española en Pontevedra

Poderán mercarse este xoves a partir das 16:00 horas na sede da Federación Galega na cidade do Lérez

A selección chegou esta mañá a Vigo e adestrarase pola tarde en Cambados

G24.gal 30/11/2023 07:28 Última actualización 30/11/2023 13:30

A Federación Galega confirmou esta madrugada que se porán á venda 1.200 entradas máis para o partido que van xogar este venres a selección española feminina e Italia correspondente á quinta xornada da Liga das Nacións, en que España pode apañar o billete definitivo para xogar as semifinais. 

Esta cota corresponde ás que estaban asignadas pero devolveu a Federación Italiana e a un número que os patrocinadores do evento tamén rexeitaron. 

As entradas só se venderán de xeito presencial (non se poderán mercar pola aplicación web) na sede de Pontevedra da Federación Galega, a carón do estadio de Pasarón, e cada persoa poderá acceder, como máximo, a dúas. O prezo será o mesmo que o ofrecido o primeiro día e o pagamento deberá realizarse con tarxeta bancaria. 

A selección chegou esta mañá a Vigo e  adestrarase pola tarde en Cambados  para "preservar o estado do céspede" de Pasarón

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos