Sabin Merino navega mellor ca ninguén na treboada de goles da Malata (5-4)

Partido de tolos que precisou remontar o equipo racinguista ata en dúas ocasións

G24.gal 03/12/2023 20:25

Foi un partido que será lembrado durante moito tempo en Ferrol. Un deses encontros que fai afección, cheo de goles, alternativas e goles. Seguro que non lles gustou aos adestradores, pero os seareiros marcharon encantados. 

Só ían catro minutos cando marcou Manu Fuster para o equipo de Rubén Albés. O Albacete viu como quedaba sen Ros aos 20 minutos. Foi máis dunha hora en inferioridade que marcou o desenvolvemento do partido. Empatou Señé á media hora e todo quedaba pendente do segundo tempo. 

Para comezar Escriche facía o 1-2 nada máis principiar. Volvía tocar a remontada e apareceu Sabin Merino. Criticado noutros partidos pola falta de gol resultou decisivo para anotar unha tripla que decidiu. Empatou no minuto 60 e no 71 o encargado de facer o 3-2 foi Carlos Vicente

O Albacete tiña preparada outra sorpresa cun novo empate, desta volta de Olaetxea (minuto 76). Era o día de Sabin Merino que acertou no 80 e no 94 diante do delirio da Malata. Para culminar un día de tolos, Escriche anotou no 98, e no 100 aínda puido marcar o Albacete, pero o remate marchou desviado por pouco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos