Rueda anima o alumnado a denunciar calquera caso de violencia ou discriminación

A Xunta coloca puntos laranxa en colexios e institutos contra o acoso escolar

G24.gal 29/11/2023 13:58

A Consellería de Educación comezou este mércores a colocar puntos laranxas nos colexios para denunciar casos de acoso escolar. Na presentación do Plan integral contra o acoso en Poio, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, animou o alumnado a informar sobre calquera tipo de violencia ou discriminación nos centros educativos.

O CEIP de Lourido, en Poio, é o primeiro en contar cun deses puntos laranxas, que se instalarán ao longo deste curso en todos os colexios e institutos de Galicia. Os centros terán equipos especializados que investigarán os casos e informarán a inspección educativa e as familias.

É unha das medidas do plan contra o acoso escolar que acaba de poñer en marcha a Xunta e que inclúe tamén un proceso para que as vítimas poidan ser derivadas con preferencia aos servizos de saúde mental. Tamén farán intervencións psicoeducativas para mudar as condutas dos agresores. 

"É fundamental que non haxa acoso nin abusóns, e que se os hai, hai que detectalos axiña para facer que cambie e para poñelo en coñecemento dos profesores e das familias para que saiban como actuar e solucionalo", explicou Alfonso Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar