Renovación do Poder Xudicial: PSOE e PP discrepan polo formato da comisión de traballo

Os socialistas pídenlle diálogo ao principal partido da oposición 

O PP ve nesa convocatoria unha provocación. Din que o PSOE replica a fórmula das reunións cos independentistas.

G24.gal 08/12/2023 13:42

O presidente do goberno vai convocar ao líder do PP a unha reunión proximamente e propoñeralle crear unha comisión de traballo para negociar tres temas de Estado: financiamento autonómico, a reforma da Constitución para eliminar o termo diminuído e a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. 

No PP desconfían desa oferta de negociación. Cren que Sánchez pretenden colonizar o Poder Xudicial e insisten na súa condición de non renovar o órgano de goberno dos xuíces ata que cambie o sistema de elección.

Tampouco axuda ao diálogo a Lei de Amnistía, que se debate o martes no Congreso. O PP pedirá que se vote por chamamento "para que todos os deputados dean a cara". No PSOE dinlles que non van atopar disidencias nos escanos socialistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade