PSOE e BNG non acoden ao pleno convocado polo PP na Deputación de Pontevedra en defensa da Constitución

O voceiro do PSOE, Carlos López Font, considera que a sesión plenaria é "un exercicio de axitación"

Pleno da Deputación de Pontevedra
G24.gal 20/11/2023 14:35

O PP aprobou en solitario na Deputación de Pontevedra unha moción en defensa da Constitución. Os populares convocaron un pleno extraordinario para condenar o ataque ao Estado de dereito que, na súa opinión, supón o acordo de investidura de Pedro Sánchez. 

"Lamentamos fondamente a non comparecencia dos grupos provinciais do BNG e o Partido Socialista no que pode ser o pleno máis importante do ano nesta corporación, por defender a Constitución e o noso ordenamento xurídico", asegurou o voceiro popular na Deputación, Jorge Cubela.

O BNG xa anunciara que non acudiría a esta convocatoria, e os socialistas tamén rexeitaron participar no que consideran un uso partidista da institución provincial. 

"Denunciar a degradación institucional á que o Partido Popular levou a esta institución, utilizando o salón de plenos para unha algarada partidista. Non é un pleno, senón un exercicio de axitación", acusou Carlos López Font, voceiro do PSOE no Goberno provincial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade