Pilar Cancela será a nova secretaria de Estado de Migracións

 

Vai formar parte da delegación compostelá na convención política do PSdeG

G24.gal 02/12/2023 19:19 Última actualización 02/12/2023 19:56

A socialista galega Pilar Cancela, ata o de agora secretaria de Estado de Cooperación Internacional, pasará a ocupar o cargo de secretaria de Estado de Migracións, dependente do Ministerio de Inclusión, que dirixe Elma Saiz.

Pilar Cancela (Stuttgart, 1967), licenciada en Dereito, exerceu como mediadora e foi directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia (2002-2003 e 2005-2009). É funcionaria do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde 1993.

Convención política

Precisamente, este sábado o PSOE compostelán elixiu delegación para a convención política autonómica do PSdeG, que terá lugar os días 16 e 17 de decembro, co obxectivo de sentar as bases do ideario da formación para as eleccións galegas.

A delegación estará formada por integrantes da comisión executiva municipal, do grupo municipal, a deputada na cámara galega Noa Díaz e Pilar Cancela.

O secretario local dos socialistas, Aitor Bouza, remarcou a confianza do partido nas posibilidades de Besteiro fronte a un PPdeG que terá o actual presidente, Alfonso Rueda, como candidato.

"O único que propón aos galegos e galegas é crispación", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar