Os matrimonios aumentaron máis dun 20 por cento en 2022

O pasado ano foi o que rexistrou máis casamentos en Galica dende 2010

G24.gal 01/12/2023 22:05 Última actualización 01/12/2023 22:26

Semella que casamos máis. En Galicia houbo case 10.000 en 2022. Foi o ano con máis casamentos dende 2010. En España, os matrimonios aumentaron o pasado ano un 20,5 por cento respecto a 2021. Rexistráronse case 180.000 matrimonios.

David é psicólogo dunha axencia de busca de parella estable. Unha axencia que, ante a elevada demanda dos últimos tempos, hai un ano tivo que volver abrir sede física na Coruña.

Cre que a xente cansou das aplicacións rápidas e busca algo diferente, máis tranquilo. No referente ao aumento dos casamentos, atopa unha explicación na pandemia, na maneira en que nos fixo cambiar a mirada. En 2020 celebráranse a metade de vodas ca agora.

E outro dato do INE: a idade media para casar é de 36,6 anos para unha muller, de 39.5 para un home. E corresponderon a parellas do mesmo sexo un 3,5 por cento dos matrimonios rexistrados en 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar