Os goles de Iker Losada contribúen ao optimismo no Rácing

Iker Losada: "Non me agardaba nada disto. Levaba moitos anos no filial"

G24.gal 08/11/2023 15:21 Última actualización 08/11/2023 15:28

O racinguismo goza. O obxectivo é a permanencia, pero con 23 puntos en catorce xornadas e a resposta do equipo, o Racing soña desde o sentido común. Os goles de Iker Losada contribúen a ese estado.

Cando vira o vento o pesimista quéixase da virazón, o optimista agarda a que mude e o sensato axusta as velas. Iso fixo Iker Losada envolto no pano verde do Rácing cando no Celta lle negaron o atraque na Primeira División. E mais mal, no lle foi.

"Non me agardaba nada disto. Levaba moitos anos no filial".

"Chego aquí, teño a oportunidade de xogar no fútbol profesional A adaptación foi inmellorable".

A campaña en Ferrol non puido comezar mellor para un Losada que con 22 anos está sendo chave nun equipo solvente co chaveiro de xogadores determinantes ben cargado e cos resultados á vista.

"Estamos nunha situación inmellorable".

Con socios destacados polos estremos e cunha caída menos pronunciada ao costado do que acostumaba a xogar no Celta Fortuna, a polivalencia de seu do Iker Losada non lle quita de ter as súas preferencias de xogo.

"Estou moi cómodo cun dianteiro por diante".

Pivotando do estremo esquerdo e á media punta ao ritmo que Cristóbal determina como conveniente en cada partido, Losada suma catro goles en 14 partidos e xa máis de mil cen minutos xogados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade