Oroso rexistra un terremoto de 3,3 graos

O tremor puido ser percibido nos concellos próximos á cidade de Santiago de Compostela

G24.gal 30/11/2023 19:23 Última actualización 30/11/2023 20:55

Un terremoto de magnitude 3,3 na escala de Richter deixouse sentir ás 19:08 horas este mércores na provincia da Coruña. O tremor tivo o seu epicentro no concello de Oroso, a unha profundidade de sete quilómetros.

A actividade sísmica puido ser percibida en concellos da contorna, así como tamén na cidade de Santiago de Compostela. A intensidade do terremoto fíxose notar na vibración de obxectos mobiliarios.

Inicialmente trasladouse que a magnitude fora de 3,6, aínda que posteriormente se corrixiu o cálculo rebaixando a magnitudea 3,3. O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) informou do movemento sísmico a través da súa web.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade